Pin It

Widgets

O PSOE de Fene insta ao goberno local a limpar os contedores de lixo por dentro e por fóra



A imaxe dos colectores de residuos sólidos de Fene é das que vale máis ca mil palabras, porque o lixo non está só dentro dos contedores, senón tamén por fóra, como pode apreciarse nesta fotografía tomada en San Valentín. O PSOE de Fene considera que xa abonda de desidia por parte do goberno municipal do BNG, ao que esixe que proceda á limpeza dos contedores e que a esperte da parálise que está a impedir que o Concello de Fene realice nas debidas condicións a prestación de servizos básicos para a cidadanía. Como as cousas sigan así “imos ter que esperar a que chova para que se limpen os contedores”, ironizan os socialistas feneses.
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.