Pin It

Widgets

Os tres grupos da oposición de Fene sacan adiante a súa propia proposta de obras para o plan POS + ante a falta de talante negociador por parte do alcalde



A proposta foi aprobada no pleno de hoxe por 12 votos a favor, 1 en contra de EU e 5 abstencións do BNG

 PP, PSOE e Somos Fene defenderon e sacaron adiante no pleno de hoxe unha proposta de obras para incluír no plan provincial POS+. Os tres grupos da oposición maniféstanse cansos dos da falta de vontade negociadora do alcalde, que, por se fora pouco, a día de hoxe descoñece que cantidade do novo plan provincial se vai destinar a obras no Concello de Fene nin ten valorados os seus propios proxectos. Como alternativa a este desgoberno, PP, PSOE e Somos Fene presentamos a seguinte

                   
MOCION URXENTE DOS GRUPOS MUNICIPAIS DO PARTIDO POPULAR DE FENE, GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE FENE E SOMOS FENE, PARA DEFINIR A PRIORIDADE DOS PROXECTOS A INCLUIR NO POS+2017


DON ANTON LOIS NOCEDA CARBALLO, Voceiro Grupo Municipal Socialista, D. GUMERSINDO PEDRO GALEGO FEAL, voceiro do Grupo Municipal del Partido Popular, e DON XOAN MANUEL RODRIGUZ BASTIDA, Voceiro de SOMOS FENE,  de conformidade co establecido na lexislación vixente presentan esta MOCION para o seu debate y aprobación polo Pleno do Concello de Fene con base nos seguientes.

                    ANTECEDENTES

O pasado martes 29 de novembro de 2016 a Deputación Provincial de A Coruña publicaba no BOP a aprobación das Bases Reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de concellos)  POS+ 2017.

Dende esa data os diferentes grupos da oposición teñen reiterado en diversas ocasión ao Goberno de Fene (BNG-EU) a necesidade de informar canto antes sobre a cuantía disponible para este Concello, unha vez realizados os cálculos de facturas pendentes de pago, a cantidade destinada a amortización de débeda bancaria e ós programas de cultura, deportes e servizos sociais, que se fusionan neste novo POS+.

Así mesmo, tamén os diferentes grupos da oposición teñen solicitado ó Goberno do Concello de Fene (BNG-EU) que avance unha proposta de actuacións para que se valorasen polos diferentes grupos que compoñen a Corporación.

O Goberno do Concello de Fene non da resposta ata á Comisión de Desenvolvemento Territorial celebrada o martes 24 de xaneiro de 2017 e a xuntanza de voceiros realizada o 25 de xaneiro de 2017, perdendo dous meses nos que se poderian ter adiantado os traballos de selección e elaboración de proxectos.

Nesa xuntanza diferentes grupos políticos realizan achegas á proposta do Goberno e solicitan unha valoración económica do conxunto co obxecto de facilitar o procedemento para fixar a prioridade das obras a incluir.


A día de hoxe, o Goberno de Fene só ten entregado a valoración da metade das intervencións propostas. E só foi capaz de adiantar unha cantidade aproximada do importe que corresponde ao Concello de Fene para proxectos a incluir no POS+.

O pasado martes 31 de xaneiro, O Alcalde de Fene. Sr. Trigo Rey, ás 14.55 h. realiza unha convocatoria por mail aos voceiros dos diferentes grupos políticos para xuntarse, o mércores 1 de febrero, as 9.00 h.,  para definir unha proposta para o POS+ 2017. Xuntanza á que dada a premura de tempo varios voceiros informan da imposibilidade de asistir e afean as formas empregadas por Trigo Rey na convocatoria da mesma.

          O xoves día 2  nos sorprendemos lendo na prensa que a única discusión entre Gobernó e oposición era si se facián as pistas de padel de Fene ou a área recreativa de San Valentín. Extremo do que a maioría dos grupos da oposición son alleos posto que o Goberno todavía non empezou a discusión coa maioría deles. A maior abondamento enriba da mesa hai case 40 propostas de intervención e no POS+ 2017 non hai dotación nen sequera para a metade deles. De certo a discusión das obras do POS+ 2017 con al menos 2 forzas políticas do Concello nen sequera comezou.

As forzas políticas asinantes da presente moción entendemos que os retrasos na definición das obras a incluir no POS+ 2017, a ocultación dos datos solicitados, as deficiencias na convocatoria das xuntanzas de traballo, e o difusión de información trexiversada aos medios de comunicación mostran a nula intención do Goberno de Fene (BNG-EU) de dialogar e consensuar coas forzas políticas da oposición a proposta para p POS+ 2017.


Ante esta situación insolita, a premura de tempo para elaborar os proxectos a incluir no POS+ 2017, a xestión esperpéntica do Gobernó de Fene dos traballos para a inclusión do noso Concello no POS+ 2017 e o risco certo de que rematen os prazos sen proposta e sexa imposible tramitar a solicitude en tempo e forma, os asinantes da presente proposta entendemos que é imprescindible trasladar ao pleno o debate sobre os proxectos a incluir na proposta do Concello de Fene ao POS+ 2017.



Por todo elo solicitamos do Pleno se tomen o seguinte ACORDO:

-        Instar ó goberno a que proceda de inmediato a realizar os traballos para a inclusión no POS+ 2017 das obras que se indican a continuación incluindose pola orde indicada na solicitude ate acadar o importe da cantidade asignada, máis as incorporacións da Deputación e as baixas.




1)      Fase do saneamento de augas fecais por gravidade no Feal e nas Picas (Magalofes).
2)    Separarativa de pluvias e fecais  da rúa Tellerías e O Regueiro e conexión das fecais ao  colector e estación de bombeo, incluído a conexión da separativa de pluviais e fecais dos bloques 5 a 12 da Avda. do Mar ao colector (San Valentín).
3)    Substitución de tubería da auga na Avda. Porta do Sol  tramo do Camiño de Buios a Talleres Santa Ana do Sol e cambio do enganche da auga para o camiño de Buios. (Fene).
4)    Saneamento de augas fecais por gravidade no camiño do Regueiro (Sillobre)
5)    Eliminación dos vertidos no Carril (Barallobre).
6)    Mellora de firme con MBC  no último tramo do camiño (40 m.)  Volta do Ramo (Barallobre).
7)    Arranxo do tellado da Galiña Azul. (Perlío).
8)     Arranxo dos vestiarios do Campo de Fútbol. (Perlío).
9)    Reforzo con Rego Asfáltico triple por zonas dende  o cruce da  rúa Travesa e a rúa Gerardo Díaz  ata o Lavadeiro de Mundín (Perlío)
10) Rego asfáltico na rúa Unión – Souto Bello (Maniños).
11) Camiño perpendicular ao camiño da Fonte (Rúa penela) e/ou rúa Coto Pequeno (Limodre).

12) Pistas de Padel (Fene).
13) Reurbanización do - Bloque 5 en San Valentín e reforzo do firme na Avda. da Cooperación tramo Avda. do Mar ao Economato de ASTANO. (San Valentín).
14) 1º Fase Saneamento por gravidade Zona de Buio (Sillobre)
15) Reforzo con rego asfaltico triple dende o lavadeiro de mundín ata a NVI (Zona de Santa Ana) (Fene).
16) PARQUES INFANTÍS: Adaptación á normativa dos parques infantís: Parque Infantil do Río Cádavo (Fene), Parque infantil de San Valentín (Pavillón) (San Valentín) e Parque Infantil da Ribeira (Barallobre).
17) Substitución tubería de auga potable no cruce de Fene (Fene).
18) Mellora do peche da pista polideportiva de San Valentín peche perimetral e pavimento (San Valentín).
19) Substitución de tubaxes de auga e reforzó de firme (MBC) no Cádavo (Perlío).
20) Estabilización e reposición de obras de contención nas marxes do río cádavo en varios puntos (Perlío).
21) Mellorar as beirarrúas da Avda. Naturais na marxe dereita (Fene)
22) Reforzo de firme con MBC na rúa Alta (Perlío).
23) Reforzo do firme con rego asfáltico triple no camiño de Mundín (Tramo Lavadeiro-ó camiño dos Pinares) (Perlío).
24) Area recreativa de San Valentín.
25) Ampliación dos nichos no cemiterio municipal de Fene.
26) Reforzo do firme con MBC na rúa Fontelonga (Fene).
27) Reforzo de firme con MBC  nas rúas Xunqueira, Peirao e Hortelá (Perlío).
28) Reforzo de firme con MBC da rúa do edificio de Servizos Sociais (San Valentín).
29) Ampliación de Beirarrúas na Avda Naturais. (Fene).
30) Reforzo de firme con regos asfálticos no camiño de San Marcos (Moreira) (Sillobre).
31) Adquisición de luminarias para substitución de puntos de luz NON
32) Redacción dos proxectos NON

Fene a 2 de Febreiro de 2017.


D. ANTON LOIS NOCEDA CARBALLO / D. GUMERSINDO GALEGO FEAL  / D. XOAN MANUEL RODRIGUEZ BASTIDA
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.