Pin It

Widgets

O Concello de Fene organiza para este domingo a súa XXIV Milla Escolar



OS NENOS/AS QUE AÍNDA NON SE INSCRIBIRAN, PODERÁN FACELO O MESMO DÍA DA CARREIRA DE 9.30 A 10.30 HORAS


Ao redor de cincocentos nenos/as participarán este domingo, 28 de maio, na XXIV Milla Escolar “Concello de Fene”, organizada pola Concellería de Deportes.  A proba desenvolverase na Avenida do Mar de San Valentín, xunto ao pavillón da Xunqueira, aínda que, no caso de mal tempo, trasladarase ao interior do pavillón polideportivo da Xunqueira.

A Milla Escolar “Concello de Fene” é unha actividade dirixida a nenos/as de 3 a 16 anos. As carreiras comezarán o domingo ás 11:00 horas e concluirán sobre as 12:30 horas, sendo os primeiros participantes os rapaces/as das categorías superiores (Cadetes) e os últimos os da categoría  Prebiberón 1.

Segundo se establece no regulamento da proba, as  categorías diferéncianse por anos de nacemento e aulas (ou idades equivalentes á idade correspondente de cada curso). Deste xeito, favorécese a participación de nenos e nenas da mesma aula, sobre todo nas categorías inferiores. Ademais, en todas as categorías diferénciase entre masculino e feminino.



- Categorías e distancias:

CATEGORÍA
Aula equivalente
Distancia
Volta  grande: 300 mts
Volta pequena: 200 mts
CADETE
aulas 3º e 4º de ESO (nacidos/as en 2.001 e 2.002)
1.000 m.
INFANTIL
aulas 1º e 2º de ESO  (nacidos/as no  2.003 e 2.004)
800 m.
ALEVÍN
aulas 5º e 6º de primaria (nacidos/as en 2.005 e 2.006)
500 m
BENXAMÍN
aulas 3º e 4º de primaria
(nacidos/as  en 2.007 e 2.008)
300 m
PREBENXAMÍN
aulas 1º e 2º de primaria (nacidos/as en 2.009 e 2.010)
200 m
BIBERÓN
aula de infantil de 5 anos (nacidos/as no 2.011)
100 m
PREBIBERÓN 2
aula de infantil de 4 anos (nacidos/as no 2.012)
50 m
PREBIBERÓN 1
aula de infantil de 3 anos (nacidos/as no 2.013)
50 m

Os participantes das categorías dos cursos de Educación infantil (“Prebiberón 1”, “Prebiberón 2” e “Biberón”), así como as categorías prebenxamín (1º e 2º de primaria) e benxamín (3º e 4º de primaria)  non sairán todos xuntos, senón por quendas de 10 participantes aproximadamente, para evitar aglomeracións na saída que poidan provocar caídas. Por este motivo  non se realizará a medición dos primeiros clasificados nestas categorías e non haberá trofeos, aínda que sí haberá medalla para  tódolos participantes.

Ao remate de cada proba terá lugar a entrega de medallas a tódolos participantes e unha vez que finalicen todas as carreiras entregaranse  trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías Alevín (5º e 6º de primaria), Infantil (1º e 2º da ESO) e Cadete (3º e 4º da ESO), masculino e feminino.

No caso de organizar a carreira no interior do pavillón da Xunqueira, realizarase un circuíto en redondo de aproximadamente 125 metros, no que o percorrido se determinará por voltas e a distancia establecida inicialmente  pode variar  para adecualo a voltas completas.

A circulación dos asistentes desenvolverase polas rúas transversais de San Valentín, deixando rúas alternativas de entrada e saída. Ademais contarase cos aparcadoiros da entrada de San Valentín. Efectivos da Policía Local e de Protección Civil indicarán aos participantes o lugar de aparcadoiro e rúas de circulación.

A “Milla Escolar” é xa unha das probas clásicas e consolidadas  do Concello de Fene, cunha  participación aproximada de 500 nenos e nenas de toda a bisbarra. 

Para calquera dúbida os interesados poden  chamar  ao Departamento de Cultura e Deportes. Teléfono 607 615 962 ou 981 340 366
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.